AFEXI é unha asociación sen ánimo de lucro que proporciona servizos sociais, que incorpora discapacitados psíquicos e físicos para a súa plena integración e autonomía persoal. Ten asignado o número E-307 de autorización de centros, que se atopa inscrito no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Benestar.
¿Que fins se pretenden lograr no centro ocupacional da asociación?
Admitir e afianzar coñecementos e capacidades nas áreas instrumentais, profesionais, culturais, que faciliten a inserción laboral de mozas e mozos.
Facilita-lo desenvolvemento dos hábitos laborais e actitudes, que lles permitan ser persoas cun traballo responsable e autónomo.
Posibilita-las actividades culturais, deportivas e lúdicas para un bo gozo do tempo de lecer.
¿que servizos ofertamos?
Atención individualizada ó usuario, atención social e familiar. voluntariado, animación sociocultural, excursións, natación, coñecemento de cociña, novas tecnoloxías (ordenador, telefonía móvil, Internet…), actividades deportiva (tahichi, baloncesto), manualidades.